PRAIA DE BOA GRANDE |
1.-
Lixo no cantil do punto 1 da praia de Boa Grande.
|
2.-
Refugallos de materiais de construcción no cantil.
|
|
|
3.-
Cobertura excesiva de algas nas rochas na base do cantil. O exceso de
algas pode deberse á progresiva eutrofización da costa.
|
4.-
Panorámica da praia dende o cantil coas casas invadindo a zona
supralitoral.
|
|
|
5.-
Participantes na saída, na baixada do cantil á praia de Boa
Grande.
|
6.-
Lixo diverso na parte central da praia.
|
|
|
7.-
Lixo na zona supralitoral no medio da praia de Boa Grande.
|
8.-
Impacto visual do parque eólico situado sobre os montes Xuruxú
e Campo Grande. En primeiro plano, algas na zona mesolitoral.
|
|
|
9.-
Detalle do parque eólico.
|
10.-
Eiruga mariña (Cakile maritima). |
|
|
11.-
Vertedoiro incontrolado no medio da zona supralitoral da praia.
|
12.-
Actividade marisqueira na zona oeste da praia, xa preto do
porto.
|
|
|
13.-
Casas asentadas na mesma zona supralitoral da praia.
|
14.-
Rego xunto a unha canle de augas pluviais e
posiblemente tamén residuais. Destacan impactos como o tellado en lousa
negra e a liña do tendido eléctrico na mesma praia.
|
|
|
15.-
Zona do porto con abundancia de algas e moluscos bivalvos na
area. Vese entre o lixo unha caixa de poliestireno branco. Destaca o
impacto da liña de conducción eléctrica na mesma area.
|
16.-
Varias das especies de moluscos bivalvos presentes no areal.
|
|
|
PRAIA
DAS GAVIOTAS |
17.-
Acceso á praia das Gaviotas preto dunha pequena masa de
ameneiros, posible resto do bosque galería do regato Hornanda.
|
18.-
Parte central da praia, con restos do antigo sistema dunar na
zona supralitoral. Á dereita, contedores de lixo ocupando parte da pista.
|
|
|
19.-
Leiteira, herba leiteira (Euphorbia paralias), presente
no areal. |
20.- Regato Hornanda desembocando completamente encanado. |
|
|
21.- Desembocadura parcialmente entullada do regato Hornanda. |
22.- Xunqueira na marxe esquerda da desembocadura do regato
Hornanda. |
|
|
23.- Impacto visual dun muro de formigón dunha pista de tenis
colindante ao carreiro que conduce ao cabo de Punta Gata. |
24.- Tubería oca vertical con sinais de oxidación (¿para algún
tipo de sinalización ou para secar material?). No fondo, a praia das
Gaviotas. |
|
|
25.- Caseta de cemento no cantil do cabo Punta Gata. |
26.- Barronca neste cantil con restos metálicos oxidados. |
|
|
27.- Sistema de diaclasas en ángulo de 30º no
cantil sur da praia. |
28.- Canaval preto do cantil norte da praia das Gaviotas. |
|
|
29.- Á esquerda da imaxe, o canaval na parte de duna fixa. No
fondo, bosquete de piñeiro bravo no cantil norte desta praia. |
30.- Vexetación de compostas e
gramíneas no ascenso ao cantil. |
|
|
31.- Seixo*
e granito de dúas micas hercínico na superficie do cantil. |
32.- Gramíneas e toxos dominando a
flora da superficie do cantil. |
|
|
33.- Camping na parte traseira do
cantil de Hornanda. |
34.- Vertedoiro ilegal de cascallos de
obras xunto ao camping. |
|
|
35.- Vexetación rupícola: Matafogo (Fumaria
muralis). |
36.- Vexetación rupícola na base do
muro que rodea o camping, incluíndo entre outras especies o couselo (Umbilicus
pendulinus), o matafogo e a herba leiteira (Euphorbia paralias),
etc. |
|
|
37.- Restos de madeiras no solo do
piñeiral. |
38.- Procesionaria do piñeiro en fila
(Thaumetopoea pityocampa). |
|
|
39.- Panorámica da ría dende o cantil
norte da praia das Gaviotas. |
40.- Gaivotas aportando o elemento
biolóxico á paisaxe. |
|
|
41.- Pías no granito do cantil, un
exemplo de erosión diferencial. |
42.- Erosion no granito a favor das
diaclasas. Destacan o filón de seixo á dereita e varios de pegmatitas
no centro. |
|
|
43.- Filón de seixo nunha diaclasa,
orixinada posiblemente por descompresión despois do levantamento de
Galicia no Terciario. |
44.- Masas de pegmatitas, moi
abundantes no cantil norte da praia das Gaviotas. |
|
|
45.- Armeria maritima no
centro e o lique Xantoria parietina predominando na superficie das
rochas. |
|
|
|
PRAIA DE
AGUIEIRA E DA POZA |
46.- Acceso principal á praia de
Aguieira, co notable impacto das obras e casas no mesmo punto da entrada. |
47.- Chanzos na area da zona
mesolitoral na parte media da praia, causados polas fortes mareas do
inverno, xusto diante das dunas embrionarias coroadas pola grama
Agropyrum junceum. |
|
|
48.- Servizo de duchas e medidas de
protección do canaval na parte media da praia. |
49.- Cultivos na beira esquerda do
camiño de acceso principal á praia na súa parte central. |
|
|
50.- Chegada do río Cans ao canaval na
parte central da praia. Destacan o lixo e o mal estado das madeiras da
ponte. |
51.- Acceso á parte oeste da praia da
Aguieira, con restos de obras de construcción e da limpeza das fincas
colindantes. |
|
|
52.- A praia de Aguieira
dende o suroeste, co sistema dunar e a lagoa causada polo esteiro do río Quintáns.
Cultivos en primeiro plano. |
53.- Sistema dunar e os meandros do
río Quintáns formando a lagoa e a marisma da dereita, con abundancia de
aves nas súas augas. Vese o impacto do tellado de lousa nalgunha das
casas. |
|
|
54.- Lagoa en marea baixa, con
abundantes algas verdes no
fondo e nas beiras. Detrás, vese
a erosión intensa na montaña amosando a superficie en rocha viva. |
55.- Punta Aguieira en marea baixa.
Aprézase unha construcción no mesmo cabo e, noutro lado da ría, o
parque eólico sobre os montes Xuruxú, Campo Grande e A Devesa, entre
outros. |
|
|
56.- No alto da duna na zona de Punta
Aguieira as cercas de cemento cos postes de servizos de telefonía e
conducción eléctrica invaden a propia duna, a cal queda parcialmente
ocupada polas fincas privadas. |
57.- Os muros de formigon e o tendido
eléctrico tamén invaden a duna despois de dobrar Punta Aquieira, xa na
praia da Poza. |
|
|
58.- Praia da Poza situada xusto ao
oeste de Puna Aguieira |
.59.- Camiño na mesma duna móbil, a nivel da
praia da Poza, para dar acceso ao chalé da punta. O impacto ambiental
evidente contrasta coa beleza da cor dorada da area nesta hora ao sol da tarde. |
|
|
PRAIAS DE
PORTO DO SON E SUBIGRESA |
60.- Estrada e paseo marítimo que
enlaza o pobo de Porto do Son coa igrexa do cemiterio, detrás do cal se
sitúa a praia. A paisaxe é antrópica, con casas que rompen a
continuidade do verde e da praia. |
61.- Praias de Porto do Son e
Subigrexa, illadas polas rochas centrais; hoxe a diminución da area pola
acción humana sobre a dinámica litoral, fai que estes dous areais estean
divididos. |
|
|
62.- Detalle do muro de formigón sobre
o que baten as ondas acrecentando o seu poder erosivo. Á dereita, obsérvase
o túnel polo que desemboca o rego de Portovello totalmente encanado. |
63.- Praia de Subigrexa, areal que, en
realidade, forma unha unidade xunto coa praia de Porto do Son. Vese
parte do antigo canaval e, detrás, a duna embrionaria en fase de colonización. |
|
|
64.- Praia de Subigrexa,
con grandes coios na zona mesolitoral, e bastante lixo na zona
supralitoral. Á dereita, rochas da Punta Caveiro. |
65.- Barlovento da duna da praia de
Subigrexa. Á dereita, o piñeiral oponse ao avance da duna móbil terra adentro. |
|
|