|
Análise dos datos do curso 2007-08 - Nas castañas de Trado (localidade ourensán do concello de Pontedeva) a forma é redondeada, o que da unha semellanza entre os dous diámetros, o máximo e o mínimo, existindo unha clara correlación entre o peso e o diámetro máximo; por outra banda, as castañas traídas da zona de Padrón presentan unha marcada forma alongada e asimétrica, de promedios 3,6 e 3,1 respectivamente, o que conduce a unha correlación maior do peso co diámetro mínimo que co máximo, posto que poden haber castañas moi alongadas pero tamén moi estreitas o que en realidade non se traduce nun peso notable. - Nas noces, escollidas de entre os froitos espectaculares dun pé da aldea de Hollares (concello de Vila de Cruces), non se observou correlación entre o peso e o diámetro máximo ou mínimo, o que induce a pensar que as formas destas noces é redondeada e que o tamaño maior podería representar só unha mayor cavidade da cáscara pero non da semente pechada nela. - No caso das landras de carballo e de cerquiño, existe unha correlación entre o peso e o diámetro mínimo, sendo maior esta correlación no caso das landras de cerquiño, as cales ademais de ter un menor peso promedio teñen tamén un diámetro mínimo algo menor e máis determinante á hora de saber se unha landra va a pesar máis ou menos. O diámetro máximo é prácticamente igual en ambos casos, evidenciando así unha forma algo máis alongada no caso das landras de cerquiño. Tanto no carballo como no rebolo non existe correlación entre o peso das landras e a data de xerminación, nin entre o peso e a altura acadada aos seis meses. Si observouse que as landras de carballo parecen moito máis sensibles á chuvia ácida posto que xerminaron moitas menos que no caso do rebolo. |
ANÁLISE DOS DATOS DE CASTAÑAS DE TRADO E DE PADRÓN NANÁLISE DOS DATOS DAS NOCES DE NOGAL DE HOLLARES-VILA DE CRUCES ANÁLISE DOS DATOS DE LANDRAS DE CARBALLO DE BONAVAL ANÁLISE DOS DATOS DE LANDRAS DE CERQUIÑO (REBOLO) DE LAVACOLLA |
INICIO TÁBOA DE toma de DATOS VOLVER A BIOGEOCIENCIAS